Como imos traballar o son /p/ aquí vos deixo ao monosílabo ensinándonos como pronunciar as sílabas con este novo son.
miércoles, 26 de noviembre de 2025
lunes, 24 de noviembre de 2025
25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe 25 de novembro, 25 N, conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Neste día recordaremos o importante que é tratar ben a todas as persoas, para entre tod@s construir un mundo máis xusto e amable, onde todas as persoas poidan vivir felices e seguras.
CONTO DO PANADEIRO P
Aquí temos un novo personaxe do País das Letras. Estade moi atentos a súa historia. Espero que vos guste!!! Clicade na imaxe para acceder ao vídeo.
APRENDEMOS CO MONOSÍLABO AS SÍLABAS DA M
Aquí temos outra vez ao Monosílabo ensinándonos a ler as sílabas co M.
sábado, 22 de noviembre de 2025
PODCAST DO OUTONO
Aproveitando a estación de outono, na radio do cole gravamos un podcast cuns poemas desta estación. Desexamos que vos guste!!!
viernes, 21 de noviembre de 2025
A CAIXA DO TACTO
Seguindo co traballo dos sentidos, o luns 17 na clase de Ciencias fixemos a actividade da "Caixa do Tacto", nesta actividade tíñamos que intentar averiguar que obxecto estábamos a tocar. Gustóunos moito esta actividade!!
martes, 18 de noviembre de 2025
CONTO DA M: "LA SEÑORA DE LA MONTAÑA"
Aquí vos deixo o conto da letra que estamos traballando esta semana. Desexo que vos guste. Clicade na imaxe para poder velo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
LIBROS E MATERIAIS PARA O VINDEIRO CURSO 2026-27
Saúdos familias, aquí vos deixo os libros e materiais para o vindeiro curso.
-
Ola familias, aquí vos deixo unhas fotografías para que poidades ver como teñen que quedar os chalecos de vaqueiro e as botas( ou polainas)....
-
Hoxe 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio, é por iso, que quixemos adicar un programa da nosa radio escolar a este medio de comun...
-
Aquí vos deixamos o último podcast que gravamos na radio do noso cole. Este podcast vai dedicado a un escritor moi importante que estamos tr...


