jueves, 29 de febrero de 2024

VÍDEO: A ORIXE DAS OLIMPIADAS

 Este curso dende a biblioteca estamos a traballar o Proxecto das Olimpiadas ou Xogos Olímpicos, aquí vos deixo un vídeo, onde podemos aprender sobre a orixe destes xogos e onde e porqué se celebraban.

domingo, 25 de febrero de 2024

O MONOSÍLABO E AS SÍLABAS DA "R" E DA "RR"

 Aquí vos deixo dous novos vídeos do Monosílabo onde nos ensina a ler as sílabas con "r" e con "rr". Desexo que vos guste!!



CONTOS: O PAIASO R E O PAIASO R E O SEU IRMÁ O ATLETA.

Hoxe comezamos con outro novo personaxe do País das Letras e este personaxe é especial  porque fai dous sons, un forte e un suave. Estade moi atentos para saber cando fai cada son.







jueves, 22 de febrero de 2024

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe é 23 de febreiro, e no cole durante toda esta semana estivemos traballando a figura dunha das escritoras e poetas galegas máis coñecida e importante da nosa cultura: Rosalía de Castro. 

Celebramos o seu día hoxe, xa que no 23 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela e para homenaxeala, na clase estivemos escoitando e traballando algúns dos seus poemas. Tamén, puidemos comprobar que os seus poemas son tan famosos que ata moitísimos cantantes galegos os utilizan e os versionan en diferentes estilos musicais. Aqui tendes unha proba de como o super coñecido poema "Adios ríos, adios fontes" cantárono e o seguen cantando moitos artistas.





domingo, 18 de febrero de 2024

O MONOSÍLABO CA, CO, CU, QUE, QUI.

 Hoxe imos aprender co monosílabo as sílabas /ca/, /co/, /cu/, /que/ e /qui/. Estade moi atentos e aprendamos a ler todos xunt@s.


CONTO: A ENFERMEIRA "C"

 Aquí temos unha nova historia do País das latras onde coñeceremos outra nova personaxe, a enfermeira.  Desexo que vos guste!!



jueves, 15 de febrero de 2024

lunes, 5 de febrero de 2024

CONTO DA PEQUENA X:

 Aquí vos deixo o conto da x, que aínda que é pequena axuda moito no país das letras.